Apoiate na LIMIA.

Apoio psicolóxico, emocional e educativo ás persoas con diversidade funcional da LIMIA.

A través deste programa ofrecemos soporte psicolóxico e emocional que lles permitiu a mellora, a medra e o pleno desenvolvemento tanto persoal como social. Tamén as familias das persoas con diversidade funcional puideron facer uso deste servizo de apoio.

Establecemos tres áreas de intervención: arención psicolóxica, emocional-educativa e por último técnicas de relaxación.
Un servizo personalizado e adaptado as necesidades e circustancias persoais, no que logo de analizar as dificultades ou necesidades de apoio se deseñou a intervención de xeito adaptado.

Con estas intervencións, e coas persoas con diversidade e as súas familias como protagonistas activas da praxe, pretendemos mellorar diferentes aspectos e competencias que poideran contrubuír á mellora e benestar persoal, social e laboral.

Proxecto subvencionado pola DEPUTACIÓN DE OURENSE