CENTRO OCUPACIONAL

Situado en Xinzo de Limia conta cunha capacidade para 20 persoas adultas con discapacidade intelectual. É un centro pequeno e de trato próximo e familiar. Ten como obxectivo principal potenciar o desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual en orde a lograr o maior crecemento que facilite a súa integración social e laboral. Dentro do centro ocupacional contamos con tres grandes áreas de traballo:

Área ocupacional

Onde se realizan diferentes talleres formativos e ocupacionais (costura, encadernación, serigrafía, reparto de publicidade, horta ecolóxica, elaboración de artesanía, etc)

Área de apoio personal e social

Agrupamos aquí todas aquelas actividades, talleres ou accións que serven para mellorar as súas capacidades, aptitudes e actitudes en funcións sociais e persoais como atención psicosocial, formación permanente e capacitación para a vida diaria.

Outros servizos

Actividades puntuais como poden ser vacacións de verán, viaxes, excursións e respiro familiar.

¿Falamos?

Se tes algunha dúbida podes contactar con nós por teléfono, email ou redes sociais 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.