Os usuarios de Limisi Diversidade Funcional tiveron esta semana unha saída especial coa visita ao Museo Galego do Entroido, onde descubriron máis cousas sobre esta festa no resto da provincia e de Galicia.
Nas últimas semanas, o museo organizou visitas e, polas sús instalacións, xa pasaron diversos colexios ourensáns, ao igual que outros colectivos que se achegaron para coñecelo.
Noelia Caseiro Belenda acompañou nesta ocasión á xente de Limisi nun percorrido polos entroidos.