GABINETE EDUCATIVO REHABILITADOR
É un servizo terapéutico, profesional e multidisciplinar, onde atendemos de forma individualizada ou en pequeno grupo todo tipo e grao de necesidades especiais. As áreas profesionais do noso equipo son: Logopedia, Pedagoxía, Psicoloxía, Educación Social e Terapia ocupacional.
Dentro do gabinete educativo rehabilitador, podemos dicir que se atenden catro grandes areas:
Intervención en infanto-xuvenil
Atención, prevención, detección e intervención co colectivo de persoas máis novas con algún tipo de diversidade funcional ou necesidades educativas especiais, así como tamén casos de problemáticas concretas dentro do rango de actuación dos diferentes profesionais.
Intervención con persoas adultas
Incluímos nesta área de intervención a todas aquelas persoas adultas con discapacidade conxénita ou adquirida, ou con necesidades especiais de apoio nalgunhas das áreas ás que dá cobertura o noso equipo profesional.
Asesoramento e orientación familiar
Concibindo á familia como o maior e máis significativo grupo de referencia para todas as persoas, decidimos en moitas ocasión facer intervencións familiares que permitan unha mellora na evolución da persoa con diversidade funcional.
Coordinación con axentes sociais, educativos e sanitarios
Dende este servizo traballamos en coordinación e contacto permanente con organismos públicos como servizos sociais de atención primaria, departamentos territoriais de dependencia, servizo de familia e menores , SERGAS, CEIP e IES, seguridade social, etc… Todo para conseguir un traballo coordinado que favoreza a mellora no desenvolvemento das persoas usuarias.
ENDEREZO
HORARIO
- De Luns a Venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h
CONTACTO
¿Falamos?
Se tes algunha dúbida podes contactar con nós por teléfono, email ou redes sociais