INCLUSIÓN SOCIOLABORAL
Ten como fin principal dar apoio e prestar servizo a aquelas persoas con diversidade funcional maiores de idade, que viven en contextos rurais, con escasas relacións sociais e en risco de exclusión, que ademais se atopen nunha situación de estancamento no seu desenvolvemento persoal.
Dentro deste servizo desenvólvense talleres de formación, capacitación laboral, educación emocional, inclusión, itinerarios personalizados, etc.
Este servizo tamén nos serve para achegarnos á poboación con diversidade funcional do rural, con dificultades agravadas pola súa situación económica, familiar e social e para detectar novas necesidades ou emerxencias sociais.
¿Falamos?
Se tes algunha dúbida podes contactar con nós por teléfono, email ou redes sociais