INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN

Dende este servizo complementario e transversal ós outros todos o que se pretende é:

Dar apoio, orientación e asesoramento ós familiares de persoas con diversidade funcional.

Ofrecer recursos e servizos ou derivalos ó profesional ou centro adecuado de ser o caso.

Tranquilizar ós familiares e normalizar a situación nos novos casos detectados de diversidade funcional.

Sensibilizar á poboación xeral mediante diferentes campañas con diferentes colectivos (institutos, colexios, centros sociais, eventos, etc...)

¿Falamos?

Se tes algunha dúbida podes contactar con nós por teléfono, email ou redes sociais