KIT DF2

Comezou o curso escolar e voltaron os nosos tralleres do KIT DF2 nos centros educativos.

Xa andamos a recorrer escolas e institutos da provincia con este KIT de sensibilización coa Diversidade Funcional.
Nesta segunda edición poñemos o foco especialmente nas marxinacións e no acoso escolar que sofre este colectivo polo simple feito de ser diferentes.

Os nosos talleres están adaptados ás idades, capacidades e características de cada grupo ou centro.

👩🏻‍🏫👨🏽‍🏫 Se traballas nun centro educativo e che gustaría que foramos traballar co alumnado a través do noso taller KIT DF2, que che proporcionemos material para as titorías, etc. non dubides en poñerte en contacto con nós, iremos encantadas e de balde!

📧☎ Podes contactar a través do correo electrónico centroocuapacionallimisi@gmail.com ou no teléfono 685868065.

 

Proxecto subvencionado polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.