LIMISI é de cor morada sempre – 8M Día da Muller
LIMISI tivo, ten e terá sempre como forzas motoras a mulleres bravas e loitadoras. Dende as avoas, nais e irmás, ás traballadoras e voluntarias.
Si, en feminino, porque os servizos socias e os coidados das persoas son maioritariamente femininos.
Non nos felicitedes hoxe polo noso traballo e polos nosos logros. Acompañádenos cada día na loita pola igualdade.
Porque en LIMISI podemos presumir de ter un entorno igualitario e inclusivo. Onde se valoran ás persoas e non as súas discapacidades, xeneros, orixes, situacións económicas, etc…
Porque sexa o día que sexa en LIMISI sempre estamos a loitar contra as desigualdades.
#8mSempre #LimisiSomosTodas