LIMISI FOGAR

O noso fogar é un piso tutelado para persoas adultas, usuarias do centro ocupacional, con discapacidade intelectual leve e con certo grao de autonomía. Trátase dunha convivencia case familiar, só cunha pequena supervisión profesional da asistenta persoal e da educadora social.
O obxectivo é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual a máxima autonomía e a posibilidade de emanciparse, do xeito máis normalizado posible e cos apoios precisos para facelo realidade.

¿Falamos?

Se tes algunha dúbida podes contactar con nós por teléfono, email ou redes sociais