Dende a Asociación LIMISI levamos loitando pola integración e a igualdade dende que comezamos a nosa andaina alá polo ano 2002. Podemos observalo nos nosos Estatutos onde no seu Artigo 5.1 letra I recolle como fin da entidade: “Buscar a igualdade de oportunidades en concreto a igualdade de xénero”.
Así, o fin prioritario do programa que nos ocupa será dar unha atención integral e especializada a mulleres con diversidade funcional. Dado que o fin xeral e prioritario da entidade é o de mellorar a calidade de vida do colectivo e potenciar o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, traballando de forma transversal coas mulleres familiares do colectivo que de forma habitual e xeral son as encargadas do coidado e nas que recae a carga.
DENTRO DO PROXECTO ofrecemos os seguintes servizos:
– Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
– Servizo de atención psicolóxica.
– Servizo de mediación intercultural e/ou familiar.
– Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para la mellora da empreabilidade.
– Servizos ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego, incluido o empleo por conta propia e o emprendemento, así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a tutorización laboral e profesional.