Proxecto integral de Voluntariado 25′

En LIMISI contamos con un proxecto de Voluntariado xeral no damos un valor moi importante aos beneficios que sempre nos traen este tipo de proxectos.
Este ano os beneficios principais deste proxecto foron:

a) Achegar ás persoas con diversidade funcional unha vivencia de amizade e de intercambio emocional e persoal.

b) Ofrecer á persoa con diversidade funcional a posibilidade de relacionarse con máis persoas ampliando así o seu marco de relacións, experiencias e vivencias, o que axuda a aumentar a súa autoestima e o sentimento de pertenza a un grupo.

c) Tivo un efecto multiplicador transmitindo a súa experiencia a quen o rodea: familia, amigos, coñecidos, …

d) Proporcionar novas ideas, partindo da súa experiencia e vivencia persoal.

e) Achegar o valor solidario á organización na que participa.

f) Coa súa colaboración recoñeceron que o labor do movemento asociativo e do voluntariado é necesario.

Este proxecto foi subvencionado pola XUNTA DE GALICIA, en concreto pola CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
pola subvención ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado
código de procedemento BS508B