O cambio social é posible e esas posibilidades e potencialidades víronse multiplicadas neste proxecto á través da figura do voluntariado. O mantemento no propio entorno é un beneficio para tódalas persoas para así, poder conservar a zona de confianza e a rede social. Nós, a través deste servizo buscamos que as participantes conservasen as súas vidas e contasen con momentos de ocio e incluso aumentasen as súas redes sociais, grazas ao voluntariado.

Por outra banda as persoas con inquietudes sociais e carácter altruísta e solidario a penas teñen posibilidades de desenvolverse e prestar axuda sen desprazarse dos seus entornos rurais, por a inexistencia ou escasa oferta de programas de voluntariado. A nosa intención con esto proxecto foi achegar ás persoas con ganas de axudar a esas que precisan de apoio. Tratando de dinamizar o rural e darlle visibilidade as súas potencialidades.

Proxecto subvencionado pola CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE da XUNTA DE GALICIA a través da subvención para en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).
Apoio obtido dos fondos NextGenerationEU ou do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, da Unión Europea.



Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.