As persoas maiores teñen unha bagaxe de sabedoría e aprendizaxe a través da súa experiencia que consideramos que pode ser moi útil para o desenvolvemento e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. Este tipo de voluntariado sénior favorece un encontro e intercambio interxeracional e cultural moi rico, é unha posta en valor das capacidades do colectivo sénior, elimina estereotipos e crea unha imaxe máis social e dinámica. É unha oportunidade de facer que se sintan útiles e de que a sociedade o vexa.
De aí o nome deste proxecto “A túa experiencia conta 5”.

O voluntariado desenvolveuse principalmente no servizo de centro ocupacional, aínda que de xeito puntual tamén noutros servizos da Asociación LIMISI. O centro ocupacional conta cun grupo de persoas con discapacidade intelectual maiores de idade moi heteroxéneo, dende discapacidades de grao leve a moderado. Alí prestaron o apoio necesario, a interacción e o intercambio de vivencias coas persoas usuarias do centro e o persoal laboral creo unha estupenda rede de axudas e apoios.

Proxecto subvencionado pola CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE da XUNTA DE GALICIA.
Baixo a ubvención a ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508C).

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.