VOLUNTARIADO

Dende os inicios do movemento asociativo moitas foron as persoas que participaron como voluntarias en gran variedade de programas e servizos que atenden a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias. En LIMISI entendemos o voluntariado como unha relación social inducida coas as persoas con diversidade funcional baseada no apoio, na colaboración, no respecto, no compromiso, na solidariedade e na xustiza social.

Contamos con 4 grandes programas de voluntariado:

Voluntariado Xuvenil

"Actualizad@s"

Dirixido a persoas de 16 a 30 anos e dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia é un proxecto de actualización e renovación das redes sociais, creando novos contidos e actualizando a imaxe de LIMISI. Sempre incluíndo de xeito transversal a diversidade funcional que é a temática prioritaria.

Voluntariado Sénior

"A tua experiencia conta"

Dirixido a persoas maiores de 55 anos e dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia,
é un proxecto que favorece un encontro e intercambio interxeracional e cultural moi rico. É unha posta en valor das capacidades do colectivo sénior, elimina estereotipos e crea unha imaxe máis social e dinámica.

Voluntariado Local

Dentro deste programa teñen cabida aquelas persoas que desexen axudar dando apoio a persoas con diversidade funcional dentro de algún dos nosos servizos, no horario ou actividades que desexe, sen adscribirse a ningún dos proxectos concretos anteriores.

Voluntariado Internacional

A través do programa “European Solidarity Corps

A través de «Workaway«

TES ALGUNHA DÚBIDA?